El Correo Gallego Ruidos.org: la lucha contra el ruido
Índice de noticias sobre el ruido
Noticias de este mesNoticias del último mes



Vigo, 22/02/2001

Científicos galegos eliminan os ruídos dentro dos coches

Investigadores das universidades de Santiago e Vigo, encabezados polos profesores Alfredo Bermúdez e Ramón Doallo, deseñaron un programa informático que permite amortecer e elimina-los ruídos que se xeran dentro dos coches. A aplicación foilles presentada onte en Santiago a directivos da multinacional Fujitsu, que probará o programa en situacións reais no seu laboratorio de Xapón e estudiará a súa comercialización.
SANTIAGO

Co sistema deseñado polos investigadores do departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago e do departamento de Electrónica e Sistemas da Coruña, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia, bastaría con colocar uns sensores e altofalantes e utilizar un procesador para elimina-los ruídos que se xeran no interior dun vehículo. O sistema foi presentado onte na sede do Cesga a Cunio Suzuki, directivo en España de Fujitsu, multinacional que financiou a investigación e que probará o sistema nos laboratorios de Xapón para poder comercializalo.

O funcionamento da aplicación, á que se lle deu o nome de SON, é en aparencia sinxelo: eliminar un ruído xerando outros. Así, segundo explicou o profesor Alfredo Bermúdez, da USC, o sistema consiste en detectar primeiro as "frecuencias perigosas'' mediante os sensores (micrófonos) colocados en zonas estratéxicas. Unha vez detectadas esas frecuencias o ordenador realiza unha serie de cálculos emitindo outro sinal a través dos altofalantes. O ordenador debe determinar cómo é o tipo de ruído que emiten os altofalantes e desde ónde debe ser emitido para contrarrestar e destruí-las frecuencias perigosas.

Alfredo Bermúdez explicou ademais que a técnica utilizada —de control activo do ruído— non é en si novidosa e que a principal contribución se encadra no cálculo. Precisou que o sistema deseñado podería aplicarse a outro tipo de recintos distinto ó dos coches, destacando o interese que por este tipo de programas ten, por exemplo, a industria aeronáutica.

O directivo de Fujitsu Cunio Suzuki mostrou a súa satisfacción polos resultados da investigación e destacou o interese da multinacional, que destina máis dun 7% do seu presuposto a I+D, por promociona-lo uso da tecnolixía aplicada a problemas reais. Explicou ademais que Fujitsu colabora con empresas automobilísticas e que estudiará a comercialización do sistema

Más noticias de este mes | Último mes | Índice general de noticias
Página principal de ruidos.org