El Correo Gallego Ruidos.org: la lucha contra el ruido
Índice de noticias sobre el ruido
Noticias de este mesNoticias del último mes



Vigo, 25/4/2000

A ordenanza contra os ruídos foi aprobada por unanimidade no pleno vigués

VIGO. E.P

A corporación municipal de Vigo aprobou inicialmente por unanimidade na sesión plenaria de onte a ordenanza municipal de protección do medio ambiente contra a contaminación acústica producida por ruídos e vibracións.

O concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández, expresou no transcurso da sesión plenaria a súa satisfacción polo acordo e sinalou que se creará unha comisión que mediará nos conflictos que se poidan crear en relación coa emisión de ruídos, que se adoitan producir nas zonas con locais de diversión nocturna.

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, agradeceu a colaboración dun grupo de técnicos da Universidade de Vigo para elabora-la norma.

Doutra banda, no pleno de onte déuselle luz verde, tamén por unanimidade, á adhesión de Vigo á declaración A cidade e as persoas con diminución, da que forman parte 320 cidades europeas e que supón un compromiso para a promoción de accións de integración social das persoas con algún tipo de diminución.

Más noticias de este mes | Último mes | Índice general de noticias
Página principal de las asociaciones contra el ruido