El Correo Gallego Ruidos.org: la lucha contra el ruido
Índice de noticias sobre el ruido
Noticias de este mesNoticias del último mes



Vigo, 13/4/2000

'Illas sonoras' contra o ruído

MADRID - Efe

Crear illas sonoras nas cidades, espacios nos que se respecte o dereito ó silencio, é unha proposta lanzada polo Día Internacional de Concienciación sobre o Problema do Ruído, no que se lembra os seus efectos nocivos sobre a saúde e para a calidade de vida.

A psicóloga ambiental do Instituto de Acústica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Isabel López Barrio, dixo que as cidades "deberían combinar espacios de ruído con outros de silencio'' e recomendou a creación de "illas sonoras, parques nos que a acústica humana supere o son dos coches''.

López Barrio apuntou que con esta xornada, "quérese conciencia-los cidadáns para que tomen cartas no asunto, ó seren as persoas unha fonte moi importante de ruído''.

Por iso, os organizadores das actividades en España, o Instituto de Acústica do CSIC, a Sociedade Española de Acústica e maila Dirección Xeral de Educación e Promoción Ambiental da Comunidade Autónoma de Madrid, convocaron un minuto de silencio ó mediodía como acto principal deste día que leva por lema Aprende a desfrutar do silencio e da tranquilidade.

Así mesmo, elaboraron unha receita de "dieta silenciosa'' para respecta-lo dereito ó silencio dos veciños, consonte declarou a psicóloga que leva o asunto, na que se pide que se troquen as actividades ruidosas que adoita facer a xente, por outras silenciosas, empezando por evitar nos fogares "os berros, os portazos, os taconeos e os ladridos dos cans''.

Más noticias de este mes | Último mes | Índice general de noticias
Página principal de las asociaciones contra el ruido