El Ideal Gallego Ruidos.org: la lucha contra el ruido
Índice de noticias sobre el ruido
Noticias de este mesNoticias del último mes


Santiago, 24/09/03
A prescrición non se estende ás esplanadas dos bares ou festas

A nova lei do botellón prohíbe beber viño e cerveza na rúa

Axencias
O informe do relatorio parlamentario sobre o proxecto da Lei de Galicia sobre drogas, popularmente coñecida como “lei do botellón”, recomenda que entre as bebidas alcohólicas que non se poderán consumir na vía pública se inclúan expresamente tamén as “fermentadas” de menos de 18 graos, é dicir, o viño e a cervexa.

O texto articulado do proxecto legal, que ten por fin reformar a lei do mesmo nome vixente desde 1996, prohíbe expresamente o botellón, dado que inclúe na súa listaxe de “actividades prohibidas” a “venda, subministro e consumo de bebidas alcohólicas na vía pública”.

A única excepción a esta norma son as “esplanadas ou veladores autorizados”, así como os días de feira ou festas patronais e similares.

Ademais, capacita aos concellos para declarar determinadas zonas urbanas como “de acción prioritaria”, a efectos de garantir que se cumpra a citada prohibición, en clara alusión aos lugares onde multitude de mocidade se congrega as fins de semana para consumir alcohol ao aire libre.

Excepcións de “calidade”
A novidade que achega o recente relatorio é a recomendación de que nos artigos que enuncian esta prohibición, así como os concernientes á publicidade do alcohol, se citen expresamente tanto as bebidas cunha graduación superior aos 18 graos ou “destiladas”, whisky, xenebra, ron e vodka, como as de igual ou menor graduación “fermentadas”, que son o viño e a cervexa.

Como excepción, o texto incorpora unha emenda do BNG pola que se recomenda que se permita en establecementos comerciais situados en bombas de gasolina e áreas de servicio de vías rápidas e autovías a venda de bebidas alcohólicas fermentadas, sempre que se trate de viños “amparados e catalogados como de calidade”.

Más noticias de este mes | Último mes | Índice general de noticias
Página principal de ruidos.org