Madrid, 26/07/2002 O 'botellón' quedará prohibido a partir do luns
A partir do próximo luns, día 29, quedará prohibida a práctica do botellón na comunidade de Madrid coa entrada en vigor da Lei sobre drogodependencias e outros trastornos adictivos, que lles impedirá ós cidadáns consumir alcol nas vías públicas con excepción dos lugares autorizados e as festas patronais. Así o anunciou onte o conselleiro de Presidencia e portavoz do Executivo madrileño, Manuel Cobo, na rolda de prensa posterior ó Consello de Goberno, na que, ademais, manifestou que comparte as declaracións realizadas o mércores polo delegado do Goberno para o Plan nacional sobre drogras, Gonzalo Robles, nas que apoiaba esta nova lexislación. Como se recordará, Robles asegurou que na comunidade de Madrid se reduciron máis do 50 por cento os casos de coma etílico despois da posta en marcha de medidas previas á próxima entrada en vigor da lei autonómica contra o botellón.
Más noticias de este mes | Último mes | Índice general de noticias |