Madrid, 25/05/2002 O Goberno dá o visto bo ó proxecto de lei do botellón, que limita o consumo na rúaO Goberno recibiu onte o informe remitido polo Ministerio do Interior sobre o anteproxecto de lei de prevención do consumo indebido de bebidas alcohólicas, a coñecida como Lei antibotellón, que lles remitirá para a súa consulta ás distintas administracións e institucións implicadas.A lei prohibirá calquera forma de venda e dispensación de bebidas alcohólicas a menores de 18 anos. Tamén estará prohibido dispensar, vender ou consumir alcohol en lugares, vías ou transportes públicos, "sempre que se altere a tranquilidade cidadá ou o dereito á libre circulación das persoas'', exceptuando os lugares autorizados expresamente polas administracións públicas compententes, como terrazas ou durante a celebración de festas patronais. Tampouco se permitirá a venda, dispensación ou consumo en centros de menores, no interior de centros deportivos e en centros docentes. A Lei antibotellón tamén establecerá restriccións sobre o horario e as formas de venda, así como a prohibición da publicidade de bebidas alcohólicas dirixida a rapaces menores de 18 anos. Neste sentido, non se permitirá a venda ou dispensación de bebidas en horario nocturno en establecementos nos que non estea autorizado o consumo nin a venda ou dispensación a domicilio, nas áreas de servicio e descanso de autovías e autoestradas, e en estacións de servicio e gasolineiras. Ademais, as bebidas alcohólicas non se poderán colocar nun lugar preferente nos autoservicios, onde terán que expoñerse de forma agrupada. A secretaria de Relacións coas ONG e Movementos Sociais do Partido Socialista, Leire Pajín, afirmou onte que a futura lei de prevención do consumo de alcohol que deseñou o Goberno non triunfará sen o consenso das comunidades autónomas xa que estas teñen plenas competencias en materia de drogas. Pajín referiuse así ó anteproxecto enviado onte polo Consello de Ministros ós órganos consultivos. Ademais, advertiu de que se o Goberno non consensúa o texto, o PSOE presentará no Congreso unha iniciativa alternativa que contemplaría modificacións en leis coma a de seguridade cidadá e de publicidade, así como un plan de prevención concertado con comunidades, concellos e Organizacións non Gobernamentais e mecanismos de ocio coxestionados polos mozos. "As comunidades socialistas intentan colaborar para que sexa unha lei de consenso, pero opinan que dado que non se lle deu a oportunidade de colaborar e achega-la súa experiencia (moitas propostas do Goberno xa se están aplicando) non triunfaría sen o consenso'', destacou.
Más noticias de este mes | Último mes | Índice general de noticias |