Vigo, 8/5/2000 O Movemento Veciñal de España esixe unha Lei nacional de ruídosOURENSE. E.P.A Confederación de Asociacións de Veciños, Consumidores e Usuarios de España (CAVE), clausurou onte a súa terceira asemblea xeral, realizada no recinto de Expourense, onde se reclamou a promulgación dunha Lei nacional de ruídos, así como un imposto ós empresarios de locais de ocio nocturno destinado a palia-los efectos negativos dos seus servicios. Os máis de 250 delegados de asociacións veciñais de toda España que asistiron á asemblea concluíron que a solución para erradica-lo ruído nocturno pasa por que tódalas partes implicadas, tanto consumidores, empresarios e veciños como as administracións, fagan "un exercicio de responsabilidade pública''. Na súa opinión, a alternativa non sería a eliminación da "movida'' nocturna, senón unha integración "sen conflicto'' desta forma de diversión nos modelos de convivencia españois, que faga posibles os dereitos ó descanso e á diversión. Por outra parte, os delegados participantes recordaron a responsabilidade das administracións na situación que se vive actualmente, ás que acusaron de "non seren capaces en anos'' de tomar medidas que solucionasen un conflicto que afecta a todo o Estado.
Más noticias de este mes | Último mes | Índice general de noticias |