El Correo Gallego Ruidos.org: la lucha contra el ruido
Índice de noticias sobre el ruido
Noticias de este mesNoticias del último mes



Santiago, 24/03/2000

O Concello de Santiago promove actividades culturais como alternativa á 'movida nocturna'

O programa Boas Noites!, que se desenvolverá os venres e sábados entre o 7 de abril e o 27 de maio, ofreceralles ós mozos e mozas da cidade actividades culturais e deportivas como alternativa á movida nocturna da mocidade. A iniciativa está promovida polos departamentos de Educación e Mocidade e de Deportes do Concello de Santiago, en colaboración con distintos colectivos da cidade.

Os concelleiros de Mocidade, Xosé Manuel Iglesias, e de Deportes, Bernardino Rama, presentaron onte esta iniciativa, tamén denominada Noites activas de Compostela para a mocidade. Entre os obxectivos deste programa está fomentar novos xeitos de relación entre os mozos e mozas da cidade, poñer espacios públicos e privados ó servicio da mocidade, implicar a distintos colectivos e asociacións nesta programación cultural e ofertarlle á xuventude da cidade unha actividade de ocio formativo no seu tempo libre.

Xosé Manuel Iglesias explicou que o Concello de Santiago afronta a organización deste programa con ilusión ó entender que constituirá un fito na dinamización da poboación xuvenil. Con esta iniciativa preténdese chegar ata preto de 25.000 mozos e mozas da cidade de ata os 30 anos, a través de iniciativas culturais e lúdicas gratuítas.

As actividades propostas pasan por talleres-obradoiros, de temática variada —desde cociña ata talleres de sexualidade e anticoncepción— que terán como obxecto crear hábitos culturais e de calidade de vida nos cidadáns; itinerarios nocturnos; teatro, expresión corporal e danza; actividades deportivas —taichi, gym jazz, aeróbic, etc.—; concertos de música rock, pop e folk; e exposicións e mostras. ¡Boas Noites! terá varias sedes, xa que as actividades se desenvolverán no Centro Social Don Bosco, no Pavillón Lorenzo La Torre, no local da Federación Itaca, no Centro Social de Amio-San Lázaro e no Pavillón do Instituto Fontiñas.

Más noticias de este mes | Último mes | Índice general de noticias
Página principal de las asociaciones contra el ruido