Lugo, 02/03/2000 O Concello de Lugo propón alternativas á movida nocturna das fins de semanaLUGO. E.P.O alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, foi o encargado de presenta-las propostas coas que o Concello lucense pretende darlles ós mozos e mozas lucenses actividades deportivas e lúdicas como divertimento alternativo á movida nocturna das fins de semana. Así, baixo o epígrafe de Elixe a túa noite o Concello de Lugo proxecta desenvolver nas instalacións municipais actividades como tenis de mesa, natacion, xogos acuáticos, water polo, xogos de mesa, Internet, máxia, kayak polo ou malabarismo. Horario nocturnoEstas actividades alternativas desenvolveranse nun horario que vai dende as once da noite ata as tres da mañá os vernes e o sábados, comezando xa a desenvolverse a partir do 10 de marzo. O alcalde Xosé Clemente López Orozco afirmou que pouco a pouco "iranse abrindo tódalas instalacións municipais, desde a biblioteca ata os centros sociais''. Por último, o rexedor da capital lucense afirmou que pretende que co tempo desapareza a "presencia política'' e que sexan os propios mozos os que organicen estas actividades como alternativa á denominada movida nocturna.
Más noticias de este mes | Último mes | Índice general de noticias |