Lugo, 7/1/2000 Os decibelios da polémicaFactores e solucións do exceso de ruído na sociedade actualO ruído é un problema intimamente relacionado con certos sectores das sociedades desenroladas, onde tráfico, concentración demográfica, e a propia revolución tecnolóxica leva a aumentos crecentes nos niveis acústicos. En Lugo, a normativa sobre ruído está a provocar a polémica entre as asociacións de veciños e os hosteleiros, que temen que as medidas correctoras do alto nivel dos establecementos provoquen unha reducción na clientela.O ruído debe ser considerado polo tanto como un factor contaminante, debido ós efectos que pode causar sobre as persoas. Entre os máis comúns destacaremos a perturbación do sono, problemas no aparello auditivo, molestias na vida cotiá e alteracións psicolóxicas. Por outra banda defini-lo ruído non é doado, calqueira ruído podería resultar molesto dependendo do receptor, pensemos no ruído que fai unha mosca, un coche de carreiras ou ben o son nunha discoteca. A Administración define o ruído coma un son excesivo ou intempestivo que pode producir efectos fisiolóxicos e psicolóxicos non desexados sobre unha persoa ou grupo. O son é unha sensación, percibida polo nervio acústico. A súa intensidade depende da cantidade de enerxía transportada respecto do tempo e da superficie. En honor a Grahan Bell, famoso inventor do teléfono, a unidade de medida e o Belio, sendo o nivel máis baixo de dB 0, e por riba de 120 dB a sensación xa é de dor. AS FONTES DO RÚIDO As fontes de carácter natural non constitúen ata agora un problema mediambiental. Son o resultado de fenómenos ben coñecidos, e só cando son de alta intensidade son problemáticos, nembargante os efectos son de pouco tempo, deixando así de representar un risco. Nos derradeiros anos a cantidade de ruído multiplicouse por dous nos paises industrializados, debido sobre todo o aumento demográfico, e todo o que leva consigo. Maior actividade industrial, tráfico,etc. As causas antrópicas están experimentando un incremento constante, falamos así dun problema mediambiental. Segundo a O.M.S. as principais fontes de ruído son:
SOLUCIÓNS Frente a contaminación acustica unha primeira solución consiste en aillarse da mesma, máis resulta imposible cando se aplica a zonas exteriorescomo pode se-la rúa. Así as políticas de xestión mediambiental deben de considera-la contaminación sonora actuando de modo correctivo e preventivo. As medidas correctivas baséanse en limitacións respecto da fonte emisora, ben mediante regulamentos elaborados polas administracións públicas, e en accións directas sobre as fontes productoras. Estas medidas sopoñen de modo xeral elevadas inversións e non sempre é posible acada-los valores finais previstos. As medidas preventivas nembargante,como é a planificación urbanística co fin de crear illas sonoras,os estudios de impacto ambiental e a educación e información ambiental son os máis eficaces e rentables, tanto dende unha mira económica como social.
Más noticias de este mes | Último mes | Índice general de noticias |
|||||||||||||||||||||||||||||||